Os populares do Páramo piden a retirada dun cartel que simula unha nota necrolóxica do ex rexedor do PP

Os populares do Páramo piden a retirada dun cartel que se atopa nas inmediacións da Casa do Concello simulando unha nota necrolóxica do ex rexedor popular, Gumersindo Rodríguez Liz, acompañado dun ramo de flores, un lazo negro e unha vela. Nese sentido, pídenlle ao novo alcalde que “tome medidas e proceda a ordenar a súa retirada como máximo responsable da Casa consistorial”.

A voceira do Grupo Municipal Popular, Verónica Arias, considera que se trata “dunha absoluta falta de respecto cara á persoa que representou durante 36 anos a tódolos parameses e paramesas”. A popular cre que é “máis grave aínda” que este tipo de carteis se coloquen en instalacións de titularidade municipal.

Así, Arias lamenta que “o que foi alcalde co respaldo dos veciños e veciñas que lle  outorgaron sucesivas maiorías absolutas teña que vivir agora unha amarga saída donoso Concello”.

Dende o actual grupo de goberno, aseguraron que non teñen que ver con estes feitos e lamentan o ocorrido.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Lucia Barcelos
    Xuñ 17, 2019 - 09:36 PM

    Sinvergüenzas

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com