O PP de Lugo esíxelle ao Secretario xeral dos Socialistas lucenses, Álvaro Santos, dar explicacións aos veciños e veciñas de Castroverde, Trabada e Pol por non ter abertas as residencias de maiores nestes municipios.
Os populares recordan que as residencias de maiores e centros de día destes tres municipios xa contan con tódolos permisos para abrir as súas portas e comezar a ofrecer os seus servizos. De feito, a Xunta autorizou o pasado mes de xaneiro o inicio de actividade en Castroverde, en marzo o de Trabada, e en abril a de Pol.
Nese sentido, dende o Grupo Popular recordan que “non somos nós os que estamos a impedir que as residencias entren en funcionamento. A súa apertura é responsabilidade do Goberno provincial”
Os populares insisten aos socialistas que expliquen porqué continúan pechados os centros que eles mesmos inauguraron en marzo do 2015. Polo que, defenden que o Goberno provincial “debe pedir desculpas aos veciños e veciñas de Castroverde e A Fonsagrada por esas inauguracións ficticias”.