Desde o PP reclaman ao Ministerio de Industria que “requira xa a Alcoa os seus plans para a planta mariñá” tal e como solicitaron desde a Xunta de Galicia ou senón que traballe nunha saída ordenada
Subliñan “o compromiso do Goberno galego de apoiar con tódalas ferramentas ao seu alcance para que a empresa cumpra” e reclaman ao Estado “un marco enerxético estable” coa incorporación de medidas verdadeiramente efectivas no marco do estatuto electrointensivo
Dende o PP aclaran que “as axudas por compensación de C02 anunciadas polo Goberno de Sánchez son insuficientes” para “evitar que as empresas electrointensivas españolas paguen tres veces máis pola enerxía que as de Francia ou Alemaña” .