Os populares valoran como “acertados” os Orzamentos da Xunta para Lugo e comarca

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral do partido, Juan Carlos Armesto, mantiveron unha xuntanza de traballo cos deputados lucenses no Parlamento de Galicia na que valoraron os Orzamentos da Xunta para Lugo e comarca, unhas contas “acertadas” que avanzan no reequilibrio territorial e na creación de emprego e riqueza.

Os populares confían en que esta será unha lexislatura determinante para a provincia de Lugo como demostran os compromisos e apostas incluídas no proxecto de Orzamentos autonómicos para o ano 2017 que hoxe foi presentado no Parlamento de Galicia.

 Neste proxecto, Lugo lidera xunto con Ourense o investimento que a Xunta destina por habitante, que se sitúa en 3.522 euros/lucense, isto é, unha cantidade un 33% superior ao gasto previsto nas provincias atlánticas, afondando nunha estratexia de reequilibrio territorial e discriminación positiva cara a nosa provincia.

Os populares destacan o feito de “darlle continuidade a proxectos como o Plan Paradai ou a estación intermodal” ou a primeira aportación de 250.000 euros para converter en autovía o corredor Nadela-Sarria e tamén o incremento en apartados como o emprego  e maiores, Unhas contas que “consolidan a baixada de impostos e garanten que se cumpra cos compromisos adquiridos cos lucenses”.

Camiño de Santiago

Os representantes populares tamén valoran positivamente “a inversión máis dun millón de euros para a sinalización do Camiño de Santiago nos concellos lucenses polos que transcorre a Ruta Xacobea.

A administración autonómica destina ademais un total de 679.090 euros para a execución de diversas actuacións de mellora en albergues e no propio Camiño.

 Investimentos en industria e educativos

Pola súa contía tamén destacan os 8,2 millóns de euros que a Xunta investirá na actuación estratéxica para o desenvolvemento da Civil Uavs Iniciative en Rozas aos que se suman outros 100.000 euros para creación dun centro de experimentación de cargas aerotransportadas.

No ámbito educativo hai previstos 1,6 millóns de euros para a reforma do IES As Mercedes de Lugo, 150.000 euros para a construción do novo CEIP Sagrado Corazón e outras actuacións no ámbito do patrimonio  cultural a cidade e rebaixas fiscais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com