Os Reis Magos chegan a Lugo cunha importante mensaxe a favor da loita contra o cambio climático

A cabalgata saíu ás 18 horas do parque da Milagrosa, continuando pola rúa Monte Faro e a avenida da Coruña e chegou á praza Maior ás 19:45. A cabalgata estivo formada por varios espectáculos precedendo ás carrozas, ademais de música e espectáculos a cargo da Tambukda e Cántigas e Frores, cun percorrido no que se repartiron máis de 4.000 quilos de caramelos.

Antes da recepción dos Magos de Oriente ás nenas e nenos de Lugo, o rei Melchor dirixiuse a todas as persoas presentes na praza Maior, cunha mensaxe a favor da conservación do medio ambiente e da reciclaxe, en liña coa temática dos espectáculos da cabalgata.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com