Os Reis Magos chegarán a Lugo con unicornios e robots

Atentos os máis pequenos da casa, sobre todo eses que foron tan bos durante estes últimos días do ano que teñen asegurado un agasallo chegado de Oriente. As súas maxestades, os Reis Magos, chegarán a Lugo de novo este ano durante a tarde do día 5 de xaneiro, puntuais á súa cita cos lucenses. Para que ningún neno quede sen velos os Magos de Oriente percorrerán a cidade dende o Parque da Milagrosa do que sairán ás 6 e cuarto da tarde ata a Casa do Concello onde chegarán ao redor das 7 da tarde.

Os Reis Magos visitarán a cidade xunto con animais, unicornios ou robots luminosos. Tamén haberá pasarrúas e animación, coa participación de distintas agrupacións de tambores e gaitas, entre outras sorpresas, para facer desta xornada un día lúdico e festivo, especialmente dirixida aos nenos e nenas. Para que este tradicional evento salga á perfección e sexa o broche de ouro ás máis e 60 actividades de lecer de Nadal organizadas pola entidade local, o Concello ten preparado un plan de seguridade.

Percorrido das S.M. os Reis Magos

A comitiva pecorrerá a rúa Monte Faro, a Avenida da Coruña, a Porta de San Fernando, a Praza de Ferrol, a rúa Bolaño Rivadeneira, a rúa Quiroga Ballesteros, a Praza de Santo Domingo, a rúa Raíña e finalizarán na Praza Maior, onde está prevista a súa chegada a partir das 19:00 horas. Serán recibidos pola Alcaldesa, Lara Méndez, acompañada por outros membros da Corporación Municipal, que darán a benvida a Melchor, Gaspar e Baltasar antes de subir ao balcón, dende o que se dirixirán a todas as persoas presentes na praza. Para finalizar, recibirán a todos os nenos e nenas que queiran trasladarlles as súas peticións.

A entidade local ten previsto un plan de tráfico, establecendo que en todos os casos o tránsito das carrozas e da comitiva polas distintas vías fará que a circulación de vehículos no momento do seu paso, se considere pechada ao tráfico, polo que por parte da Policía Local, acompañada de Protección Civil, realizaranse os correspondentes acompañamentos, cortes de tráfico e desvíos alternativos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com