Os restos do furacán Kirk chegaran a Galicia esta tarde convertidos en borrasca que deixará ventos de ata 140 km/h na Mariña.
O furacán Kirk convertido en borrasca extratropical chega a Galicia esta tarde provocando fortes choivas e ventos de ata 90km/h nesta tarde, e de ata 140 km/h a partir das 6:00h do mércores na Mariña con ondas de ata 7 metros, polo que o mércores activase a alerta laranxa por mor dos fortes ventos que serán de oeste-suroeste. Tamén na montaña de Lugo prevese que os ventos alcancen ata os 120 km/h.
A borrasca abandonará Galicia na tarde-noite deste mércores.