Os retos da atención xerontolóxica centrarán un curso de verán da USC

O Complexo Xerontolóxico A Veiga, en Láncara, acollerá os vindeiros 21 e 22 de xuño o curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela titulado Retos de atención aos síntomas psicolóxicos e conductuais nas demencias. O curso centraráse no coidado e atención ás persoas con demencias, síntomas coa apatía, a axitación ou a agresividade e como estas sintomatoloxías afectan directamente á calidade de vida de pacientes e persoas coidadoras, e son un dos aspectos máis relevantes na organización do traballo dos centros xerontolóxicos.

Este curso busca ser un lugar de encontro para profesionais e estudantes do eido da xerontoloxía, que se reunirán en Láncara durante dous días para intentar mellorar e actualizar a abordaxe destes síntomas. A matrícula está aberta ata o 7 de xuño, e pódese facer a través da dirección www.us.es/cultura/veran. Nesa dirección tamén poden as persoas interesadas ampliar información, ou no correo cursosdeveran@usc.gal

O curso conta co financiamento da Vicerectoría de Coordinación do Campus de Lugo e a Rede Galega de Investigación en Demencias, e a colaboración da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, e está recoñecido por un crédito ECTS para os estudantes de grao da USC.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com