Os senadores do PP piden explicacións ao Goberno sobre as consecuencias para os concellos do rural lucense e, buscarán na cámara alta, coñecer as consecuencias para os entes locais, da proposta do Goberno sobre o uso dos remanentes de tesourería das entidades locais. “Queremos saber como afecta e en que prexudica ao rural da nosa provincia esta decisión do Goberno que saíu adiante na xunta de goberno da FEMP cos únicos votos a favor do PSOE e o voto de calidade do presidente, Abel Caballero”, manifestan.
Preguntan así mesmo os populares no Senado a canto ascende a cantidade total do remanente dos concellos en toda a provincia de Lugo; así coma o remanente de cada Concello de forma individual. E, nese sentido, cantos concellos da provincia quedan fóra do reparto dos 5.000 millóns de euros habilitado polo Goberno para ingresar ás entidades locais entre o 2020 e o 2021; pero só a aquelas que teñan entregado ao Executivo a totalidade dos seus remanentes de tesourería a 31 de decembro de 2019.
Censuran os senadores do PP esta decisión que “marxina aos concellos que non contan con remanentes ou que pecharon o 2019 con débeda”; xa que “non recibirán nin un só euro”. O Executivo central repartirá os fondos única e exclusivamente entre as entidades locais que se adhiran ao acordo; pero só poderán adherirse aquelas que teñan remanente positivo. As que teñan débeda deberán amortizala e, trala súa amortización, poden quedarse sen remanentes e, polo tanto, excluídas do fondo”, explican.
Ataque á autonomía local
Para os populares este acordo que non goza do consenso habitual da FEMP destrúe a autonomía local recoñecida no artigo 137 da Constitución porque “obriga ás entidades locais a gastar o diñeiro recibido nunha lista de actuacións definidas polo Goberno”.
Ago 07, 2020 - 07:03 PM
Jajaj quen son eses.
Ago 07, 2020 - 01:31 AM
👏👏👏👏👏
Ago 07, 2020 - 12:00 AM
Vaia tres,pero si é o goberno da xunta a que castiga o rural
Ago 06, 2020 - 09:40 PM
Falan moito, pero traballar nada de nada. Eso sí decir paradas e salir na a foto é o deles gostalles moito
Ago 06, 2020 - 08:44 PM
Nunca deron golpe, e nunca se preocuparon do rural, fixeron máis mal qué ben. Todo perdido.
Ago 06, 2020 - 08:11 PM
Buenoooo, o Barreiro, ¡ deus meu ! o que leva traballado ese home por Lugo .