Nun acto nas Nogais nun encontro coa asociación As Bulidoiras, os socialistas comprometéronse a que a “Xunta liderada por Besteiro acabará cos graves problemas que provocou o PP no transporte público, e recuperarao para que sexa útil e axeitado” ás necesidades dos veciños e veciñas do rural. Trátase dun servizo fundamental para garantir a súa calidade de vida e, desta forma, poder fixar poboación”.
O socialistas aseguron que “remataremos cos recortes e a situación de abandono que cada día sofren máis persoas nas parroquias dos concellos rurais, con situacións nas que se ven obrigadas a percorrer a pé quilómetros por estradas da montaña para chegar á capitalidade do municipio e poder coller o transporte, como é o caso do concello das Nogais”.
“Vemos como hai cada vez menos frecuencias nas liñas de autobuses, e as que seguen a funcionar fano incumprindo frecuencias e horarios. Vemos como todos os días os nosos estudantes e escolares son discriminados polo feito de vivir no rural, e como as solucións da Xunta de Rueda chegan aprobando concesións de transporte. O rural non pode seguir lastrado pola falta de servizos e de oportunidades de emprego, porque en lugar de ser a lexislatura do rural da que sacou peito en tantas ocasións Feijoó, agora co seu sucesor Rueda, isto máis ben empeza a ser o “caixón do desastre” do PP, no que se están a recortar servizos sanitarios, se pechan escolas e se demantelan oficinas bancarias”. Subliñaron.