Os deputados socialistas Luis Álvarez e José Antonio Quiroga valoraron hoxe en rolda de prensa os orzamentos da Xunta para a provincia de Lugo. Cualifican as contas de Feijoo para a provincia de Lugo como “insuficientes, sectarias e inxustas, que non resolven os graves problemas que temos, e ademais non contemplan infraestruturas longamente demandadas na provincia de Lugo”.
Luis Álvarez explicou que os orzamentos da Xunta poñen en evidencia os grandes agravios coa provincia de Lugo, con respecto a outras provincias. Critica “as soflamas do PP sobre as contas autonómicas”, e advirte que “o orzamento de Feijoo plasma a cruda realidade sobre os investimentos na provincia”.
Coas cifras enriba da mesa, aludiu ao agravio das infraestruturas, e criticou que só aparecen consignados 75.000 euros para a estación intermodal de Lugo, un proxecto que está valorado en 50 millóns de euros, e onde a Xunta debería aportar o 50% deste proxecto. Sobre o Plan Paradai advertiu que nestes orzamentos aparece “unha idéntica cantidade de 450.000 euros que no 2016, non hai nada novo, e o mesmo ocorre coa estrada LU-651 Folgoso do Caurel-Quiroga, ou coa estrada LU-231 Begonte-Friol-Palas, aparece a mesma cantidade que en pasadas anualidades”. Un feito que cualifica o Deputado como “unha auténtica tomadura de pelo”. Sobre a conversión da autovía do corredor Nadela-Sarria, que conta cunha previsión de 250.000 euros, dixo que con esta cantidade “é como senón aparecera nada de nada”.
No que atinxe á partida de economía, emprego e industria Luís Álvarez remarcou que conta con 217.978 euros, e diminúe 5.000 euros con respecto ao ano anterior, dixo que esta cifra “é irrisoria para a provincia”.
En educación, a partida destinada a formación dual é de 38.250 euros, e para emprendemento na formación regrada é de 2.550 euros. “Estes son dous mantras do PP, e con estas cifras significan que os investimentos de Feijoo non dan nin para imprimir folletos na provincia”.
No que se refire á Medio Rural, Álvarez asegura, “que 56.397 euros para reforestación, ou 75.000 euros para a dinamización do sector lácteo, son cantidades ridículas e ínfimas para sectores claves na provincia de Lugo”; e pola contra denuncia, que aparecen 375.982 euros para a elaboración e revisión de instrumentos de ordenación e xestión.
O Deputado socialista afirmou que a partida dedicada á política pesqueira reduciuse en 677.917 euros na provincia de Lugo. E replica que o orzamento previsto para equipamentos pesqueiros é de 90.510 euros, “unha cantidade escalofriantemente 43 veces inferior á de Coruña, e 9 veces inferior á Pontevedra”.
Sobre a Política Social critica que se reduce a inversión na provincia con respecto ao anterior exercicio en 1,324.814 euros, e denuncia que os 98.000 euros para dinamización demográfica nunha das provincia máis envellecida de España, “non chega para nada”.
No que se refire a vivenda afirma que Lugo é a unica provincia na que non se prevé ningunha vivenda de promoción publica nova por parte da Xunta. E preguntase “porqué a provincia de Lugo non ten investimentos, porqué non se vai facer ningunha vivenda?”.
Por último, Luís Álvarez anunciou que o Grupo Socialista presentará unha emenda aos orzamentos da Xunta, para reclamar a equiparación salarial dos traballadores dos 6 parques de bombeiros da provincia de Lugo, que cifrou en 330.000 euros, como xa se comprometeu a Deputación de Lugo.
Saúdos,