Os socialistas de Abadín reclaman que se reabra o Punto Limpo

O PSOE de Abadín reclama que o Alcalde volva abrir o Punto Limpo e que se lle dea o uso para o que foi concibido, pois está a converterse nun foco de contaminación permanente.

Para o voceiro do Grupo Municipal Socialista, Pablo Díaz, “esta é unha mostra máis do despilfarro intolerable e da mala xestión do diñeiro público por parte do Alcalde”.

Os socialistas de Abadín denuncian que “o Punto Limpo construído nas inmediacións do alto da Xesta hai 10 anos e que contou cun orzamento inicial de 235.000 euros está pechado e rodeado de refugallos”. E piden ao alcalde que “o reabra para e se lle dea o uso para o cal foi concibido, pois está converterse nun foco de contaminación permanente”.

“Xa van un par de anos que permanece pechado, co que os potenciais usuarios deixan os refugallos esparexidos pola contorna”, sinala o voceiro do Grupo Municipal Socialista, Pablo Díaz. Os socialistas consideran que este é “un caso máis da nula preocupación que amosa o rexedor e o seu equipo de Goberno pola xestión do público”. Díaz considera que “a situación creada a este respecto é unha mostra máis da irresponsabilidade que se apoderou como sinal de identidade do Goberno Municipal, que leva máis de 3 meses, dende o 25 de setembro, sen celebrar ningún Pleno e, polo tanto, sen dar conta das súas actuacións ou proxectos”.

Os socialistas tamén dan conta de que “o Punto Limpo está sen luz, malia que a factura do seu alumeado segue pagándose, un despilfarro intolerable”, insistiu Díaz.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com