Os socialistas de Antas denuncian que o Alcalde presenta unhas “contas irregulares”

Os socialistas de Antas de Ulla rexeitaron hoxe na comisión de contas a Conta Xeral do 2018 que presentou o Alcalde do PP. Esta se debateu grazas a insistencia dos socialistas, que rexistraron varias iniciativas para que se convocara un pleno extraordinario e poder deliberar sobre elas.

O PSOE de Antas de Ulla votou en contra da Conta Xeral do 2018 elaborada polos populares por varias razóns, entre elas destacan que o rexedor só avisou con 2 días de antelación da celebración deste pleno, polo que os socialistas non tiveron tempo suficiente para estudar toda a documentación. Neste eido, segundo a Lei de Administración Local de Galicia as contas e todo o material complementario ten que estar a disposición dos membros da comisión para o seu estudo cun mínimo de 15 días antes da celebración da reunión. Ademais, a normativa recolle que a Conta Xeral ten que estar aprobada antes do 1 de xuño. Polo tanto, segundo afirman os socialistas, o PP está incumprindo coa legalidade.

Os socialistas critican ademáis que a documentación entregada polo goberno municipal “non está completa”, xa que segundo a lexislación vixente no Modelo de Contabilidade Local, o material debe estar integrado pola conta propia do Concello, dos organismo autónomos e das sociedades mercantís propiedade da entidade local. O PSOE denuncia que esta última non se cumpre pois en Antas de Ulla existe unha sociedade de capital público, ÉPICA, da que non se presentaron, nin se aprobaron as contas polo órgano competente para posteriormente incorporalas ás Contas do municipio. É dicir, o Alcalde volve a infrinxir a lei.

O PSOE de Antas de Ulla censura que pode existir unha “incompatibilidade de funcións” porque a persoa que elabora as contas e realiza a contabilidade é a mesma que as fiscaliza. Polo tanto acumúlanse na mesma persoa tarefas de xestión e de fiscalización. Ademais “desta acumulación atípica de funcións”, os socialistas denuncian o feito de que a Secretaria e Interventora “accidental” manteña unha relación de primeiro grado por afinidade (cónxuxe) co Alcalde de Antas de Ulla, presentando un potencial conflito de intereses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com