A Voceira do Psoe de Lugo en Portomarín, Silvia Rodríguez cualificou a recente visita de Feijóo a vila como “inútil”, xa que asegura “non adquiriu nin un sò compromiso coas veciños de veciñas da Vila”. Rodríguez fixo esta afirmación tras a visita de Feijóo á Portomarín, no que mantivo un encontro cos usuarios dun campamento de verán no novo espazo recentemente bautizado como Parque Parabéns.
Rodríguez lembrou que o premio Parabéns (polo que foi remodelado este parque) é concedido aos concellos de Galicia para iniciativas encamiñadas a conservar, mellorar e embelecer aos núcleos de poboación polos que transcorre o camiño de Santiago. “O novo parque da vila non reúne ningún dos obxectivos deste premio como pode comprobar calquera visitante ou calquera veciño, xa que o formigón é o protagonista deste novo espazo, e pode definirse como un autentico mamotreto ”, insistiu.
A concelleira socialista pregúntalle a Feijóo “si comprobou o desastroso estado no que quedou a remodelación deste Parque, un espazo que non serve absolutamente para nada, e onde se investiron 400.000 euros de todos os galegos. Ademais esta remodelación, que a día de hoxe segue sen rematar, xa esta certificada e pagada”, subliñou.
A Voceira Socialista demándalle a Feijóo e ao Alcalde de Portomarín que “non veñan a sacarse fotos ao noso Concello, senón que aproveiten as visita para anunciar compromisos firmes e decididos cara o crecemento económico da nosa vila”.
Ago 05, 2019 - 04:57 PM
Sí , sí , pero cuántos de tus vecinos y vecinas que siempre le votan , al verlo dirían : estache mais guapo en persoa que na tele ( na TvG por suposto ) . Hay votantes que para fidelizarlos les llega con eso .