Os socialistas de Ribadeo organizan dúas charlas informativas e de asesoramento individual en Cedofeita e na Devesa, para falar ante gandeiros e agricultores da PAC 2014-2020. Terán lugar esta fin de semana, segundo deu a coñecer hoxe o candidato á alcaldía ribadense, Roberto Ramos Piñeiro.
Ademais de informar das axudas directas da Política Agraria Común, tamén se ofrecerá asesoramento sobre a campaña 2013-2014, realizando unha comprobación individualizada de cada caso, para ver se cumpren cos requisitos do pago verde, que supón o 50% da bonificación básica.
No caso de non ser así, guiarán aos afectados para facer as modificacións necesarias nas hectáreas destinadas aos distintos tipos de cultivo, e así poder cumprilo, segundo destacou Ramos.
As charlas celebraránse o sábado 28 de marzo, á unha da tarde na escola de Cedofeita e o domingo 29 de marzo a mesma hora, na escola do círculo habaneiro.