A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Patricia Otero, dixo que “a crise do COVID puxo de manifesto o abandono e as graves carencias da atención primaria nos centros de saúde da Mariña Lucense”. Criticou que hai prazas de médico sen cubrir, algunha dende fai anos, nos concellos de Viveiro, O Vicedo, A Pontenova, Mondoñedo e Trabada.
A secretaria provincial mantivo un encontro coa Alcalde de Foz, Francisco Cajoto, diante do centro de saúde desta localidade, no que advertiron das carencias deste centro, xa que coa chegada da época estival a vila incrementa a poboación en 30.000 persoas.
Francisco Cajoto remarcou que “a situación do centro de saúde de Foz é complicada na época estival. Como xa denunciamos, é endémica a falta de persoal que se agrava cun servizo de pediatría que non se cobre a xornada completa. Ademais o reforzo habitual dun médico para desprazados é claramente insuficiente, tendo en conta que non se cobren as baixas por Socialistas na Provincia de Lugo vacacións do persoal. E por suposto, quero lembrar tamén a supresión dun dos técnicos de emerxencias da ambulancia medicalizada con base en Foz”.
O rexedor advirte ademais que “tal e como xa denunciou o propio persoal do centro, os profesionais sanitarios non contan con ningún protocolo sanitario, nin con ningunha sala ou espazo habilitado para tratar a posibles pacientes de COVID que se acheguen ao centro de saúde”.
Mai 27, 2020 - 10:55 PM
E ti máis? Nin e o momento, nin son formas