Os socialistas denuncian que o goberno provincial destrúe emprego ao deixar sen oferta a 60 empresas do Ben Empregado

Os Deputados provinciais socialistas Pablo Rivera Capón, Sonsoles López Izquierdo, Álvaro Santos Ramos e Pilar García Porto denunciaron este mércores o novo caso de destrución de postos de traballo na provincia por parte de Elena Candia, que é a Presidenta que máis emprego destruíu en menos tempo.

Os socialistas remarcaron que a obsesión de Candia por destruír todo aquelo que fixo o Goberno de Besteiro conlevou a que a Presidenta popular deixase sen candidatos para traballar unhas 60 empresas da provincia, que resultaron beneficiadas do Ben Empregado II. É dicir, ás que a Deputación de Lugo lle subvenciona a contratación de desempregados lucenses para traballar nas mesmas, impulsando os seus negocios e facendo fronte ao paro.

“O pasotismo, a desidia e a paralización na que Candia mantén á Deputación de Lugo supuxo que ningún desempregado lucense optase aos postos de emprego que ofrecen unhas 48 empresas da provincia, mentres que outras 12 entidades se atopan en semellantes condicións, posto que, ou ben tampouco se presentaron practicamente ningún candidato, ou ben os que o fixeron non entregaron a documentación correspondente para poder traballar nelas”, explicou Rivera Capón.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. pequerra
    Ago 27, 2015 - 06:53 AM

    Si tuvérades vergonza…estaríades calados..Reparto de fondos de todos para empresas amigas para contratar amigos..algúns deles sin cumprir os requisitos de acceso

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com