Os socislistas afirmaron hoxe na Fonsagrada, que nas vindeiras eleccións dilucidase se “Galicia a lidera o PP ou un PSdeG que ten proxecto, equipo, ideas e propostas para darlle a Galicia un futuro mellor”. Esta afirmación fixérona tras realizar unha visita a unha empresa embutidos da Fonsagrada, a única sala de despece de caza que hai en Galicia”
“Proxectos coma este son necesarios para impulsar a economía da provincia, contribuíndo á promoción e venda de produtos cinexéticos, e ao mesmo tempo xerando emprego nesta Comarca. Hoxe aquí podemos comprobar unha vezmáis como os 11 anos de Goberno de Feijóo foron un auténtico lastre para os concellos da Montaña Luguesa, por aquí o PP só se achega a pedir a voto”, afirmaron.
Os socialistas na Provincia de Lugo, se chegan ao goberno estas vindeiras eleccións, implementaran o”peracións que reforcen a base cooperativa do sector agropecuario, reforzando a súa capacidade de negociación”.
O alcalde deste municipio subliñaba que “Estes días coñeciamos as axudas concedidas a través do programa Aprol Rural: A Fonsagrada recibe unha axuda económica de 13.750 euros para contratar a un empregado a través deste proxecto. Por citar un exemplo doutro concello da Montaña que tamén recibiu subvención, o concello das Nogais onde goberna o PP, que conta coa tripla menos de poboación e cunha extensión de superficie catro veces menor en comparación do noso Concello, pois ben recibe unha subvención de 55.000 euros para contratar a 4 traballadores. Así fai as contas o PP, dando ás costas aos veciños”, dixo.
Asemade o rexedor fixo alusión “as carencias sanitarias que sofre o Concello. Os servizos médicos que atenden aos 3.600 habitantes só dispoñen dun pediatra para atender aos nenos e nenas durante 1 mañá, e dúas horas durante outra xornada, as mulleres embarazadas pasan consulta no consultorio en Becerreá, e os doentes de rehabilitación tamén son atendidos noutro Concello”.
Xul 04, 2020 - 07:31 PM
A ver… si a xente de Galicia é sensata, desta volta ten que gobernar Psoe/bng/Galicia en Común, a presidencia pa quen mais votos teña das 3 formacións. . E a cousa moi clariña, varios grupos pa un so xeito de gobernar. Pa gobernar “soliños” xa nos chegou cos once anos que leva o PP.