Os socialistas din que Rueda “improvisa e engana” sobre o Porto Seco de Monforte

Os socialistas din que Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tenta enganar aos monfortinos, e a todos os lucenses e galegos cun anuncio “tan electoralista como inverosímil para tratar de tapar “a vergoña de 10 anos de bloqueo do Porto Seco de Monforte”. Esta aseveración, dos socialistas, está feita logo de coñecer unha nota de prensa “emitida este martes polo Goberno galego anunciando a adxudicación dunha parcela no complexo. Ao día seguinte de que o candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, se comprometese en Monforte, a desbloquear o Porto Seco e convertelo en nodo loxístico de referencia en Galicia e en Europa, a Xunta do PP “saca da manga por arte de maxia” unha adxudicación de solo a unha empresa“.

Despois de 10 anos “sen mover un dedo” polo Porto Seco,“incluíndo partidas ridículas nos Orzamentos que nunca executan para os accesos, primeiro de 750.000€ e logo de 500.000€”, e sen atraer ningún proxecto industrial, nin adxudicar nin un só metro, “saen agora con este invento, só para intentar contrarrestar o anuncio de Besteiro, pero, con estes antecedentes, a credibilidade de Rueda xa é nula”. Subliñaron.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com