Os socialistas esixen a dimisión do alcalde de Abadín “pola súa nula xestión ante a crise do Covid”

O Voceiro do PsdeG-PSOE de Abadín Pablo Díaz López esixiu hoxe a dimisión do Alcalde de Abadín, pola súa nefasta xestión diante da crise sanitaria do Covid. Dende o Grupo Socialista denuncian que “dende o mes de xaneiro non se celebrou ningún pleno para ter información sobre as medidas ou iniciativas a implementar polo Concello por mor desta pandemia. A día de hoxe o concello, gobernado polo PP, non informou absolutamente de ningunha medida á oposición sobre a crise sanitaria”.

O Voceiro Socialista replica que o Concello do Abadín “converteuse no último Concello da contorna en prover de mascaras aos  veciños e veciñas, despois de máis de 40 días dende a declaración do estado de alarma. E ademais a día de hoxe puidemos comprobar que algúns veciños aínda non as recibiron hoxe”.

Tarefas de desinfección sin EPIS

Nesa liña “tamén queremos remarcar que recibimos moitas queixas dos veciños e veciñas sobre o criterio que realizou o PP para levar a cabo ese reparto, xa que segundo sinalan o criterio foi o empadroamento. Como é posible que nun estado de alarma se discrimine á poboación deste xeito?”. E preguntámonos “onde van os miles de guantes e botes desinfectantes que recibiu o Concello das distintas administracións públicas?. Ademais, as tarefas de desinfección nos espazos públicos da vila comezaron moi tarde, e os traballadores e traballadoras do Concello non tiñan ningún protocolo de seguridade e non contaban con EPIS para poder realizar o seu traballo, nin tampouco os comerciantes da feira”, sinalan.

Sen medidas económicas

E por último, as medidas económicas. “O Goberno do PP de Rancaño non ten enriba da mesa ningunha medida económica para as empresas, os autónomos e os comercios da vila, co fin de facer fronte ao impacto económico do Covid en Abadín. Con esta pandemia todas as veciñas e veciños da vila puideron comprobar a ineptitude do Alcalde e de todo o seu equipo que non é capaz de ver mais aló do seu coche oficial”.

Pablo Díaz López envíalle unha mensaxe ao Alcalde. “Márchese xa, vostede é o verdadeiro exemplo do que non se debe facer en política, abandonar aos veciños e nos asumir as súas responsabilidades nunha crise que non soubo nin quixo afrontar”, resumiu.

.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Mai 20, 2020 - 08:52 PM

    Todo lo desconocido y, que se tiene que gestionar o realizar por primera vez, suele tener resultados no siempre perfectos. Callaos un poquito ¡anda!. Unos y otros nos tenéis hasta los c****** de que de las miserias ajenas saquéis provecho propio.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com