A socialista Margarita Pérez Herráiz, deputada por Lugo, explicou esta mañá que o Grupo Parlamentario Socialista, “ante a inacción da Xunta de Galicia”, presentou á Mesa do Congreso unha Proposición non de Lei sobre a dotación das salas de Hemodinámica do Hospital Lucus Augusti de Lugo.
“A nosa preocupación pola situación do Hula ratifícase coas estatísticas que sinalan que a mortalidade media por infarto de miocardio en Lugo duplica a media estatal, o que merece unha explicación, unha reflexión e un estudo. Os socialistas tratamos de presionar para que se corrixa esta falta dende o Concello, a Deputación de Lugo e desde o Parlamento de Galicia, e aínda que a sanidade é competencia autonómica, trasladamos a nosa preocupación ao Congreso dos Deputados”.
A proposición non de lei quere que o Goberno, coas súas competencias, abra un expediente á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, que permita a instalación dunha sala de hemodinámica para corrixir esta situación “que prexudica a saúde dos habitantes da provincia de Lugo”.