O PSdG na Provincia de Lugo valorou este sábado as declaracións do voceiro no Senado do PP, José Manuel Barreiro, que solicitara ao Goberno Provincial que “dea toda a información que se lle demanda no marco da “Operación Polbo”.
“Os socialistas destacaron que a Deputación sempre facilitou á xustiza toda a documentación que lle foi requirida en tempo e forma, e ofreceu toda a información da que dispón sobre a Pulpo”. “Pola contra, non o fai así o PP, que por riba bota balóns fóra, non tendo vergonza algunha”, contrapuxeron.
“Que credibilidade pode ter o señor Barreiro, cando escapou da xustiza de aforado ao Senado, é voceiro de Rita Barberá e nos pasados días, xunto con todos os seus compañeiros do Partido Popular, foi capaz de votar en contra da proposta do PSOE para, precisamente, poñer fin ao aforamento. A que ten medo o señor Barreiro?”, preguntáronse.
“Para que Barreiro sexa crible, continúan os socialistas, ten que seguir o exemplo doutras persoas e facer un desnudo integral de todo o seu patrimonio e riqueza ante a opinión pública”, remarcaron os socialistas.
“Algo terá que dicir tamén sobre as viaxes que o Goberno do PP na Deputación subvencionada a Arxentina, India ou Euro-Disney, ás que ata ían membros do Partido Popular. Pois foron os socialistas os que, precisamente, as suprimiron nada máis chegar á presidencia do organismo provincial no 2007”. Remata