O Grupo Provincial Socialista levará ao Pleno da Deputación do vindeiro martes unha moción con 10 medidas concretas, que recollen as reivindicacións da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo, “para a súa inmediata posta en marcha por parte da Xunta e o Goberno Central, tal e como esixirán os socialistas na sesión plenaria provincial”.
Recollen entre outros puntos esixirlle ao Presidente da Xunta de Galicia, que lidere as xestións necesarias ante o Goberno Central para poñer fin á crise, e á Xunta de Galicia que habilite os instrumentos lexislativos e operativos para garantir a recollida de leite nas explotacións galegas a un prezo que garanta a viabilidade das explotacións,.
Os socialistas piden asemade, un plan específico para a valoración real e colocación de excedentes da industria láctea a través de medidas como as compras públicas de intervención deses excedentes, almacenamento privado e entrega a terceiros países.