Os socialistas de Becerreá reclaman á Xunta de Galicia o arranxo dos dous primeiros quilómetros da estrada LU-722 de Becerreá a Navia de Suarna, pois, na actualidade, o firme presenta un mal estado, deteriorado, poñendo en risco a seguridade dos centos de veciños que empregan a diario esta vía autonómica. O PSOE tamén esixe o repintando da sinalización e das beiravías por ambos lados da estrada.
Neste eido, a voceira socialista, Ana Rubinos, destacou que “esta infraestrutura é de vital importancia para a Comarca da Montaña ao ser a principal vía de conexión entre Becerreá e Navia de Suarna polo que con estas actuacións beneficiarían aos preto de 4.000 veciños que viven nestes dous municipios. En concreto, as obras que esiximos comprenden os primeiros dous quilómetros da vía. Dende que chegou o señor Feijóo á presidencia da Xunta de Galicia non se investiu nin un só euro en dita vía”.
O PSOE de Becerreá critica que existe un tramo duns 400 metros da LU-722 que está sempre sinalizado pola cantidade de ondas naturais que se forman debido o mal drenaxe do firme. “O goberno galego do PP non fai nada, provocando que os condutores teñamos que ir esquivando estes obstáculos para non ter un accidente. Ademais, en épocas de choivas hai continuos desprendementos de pedras e terreo que tardan en moito en limpar”.
Ana Rubinos puxo de exemplo ao Goberno Socialista da Deputación que “se preocupa por manter en boas condicións as estradas que son competencia súa para que os veciños de Becerreá poidan viaxar por elas coa máxima seguridade”. A voceira destacou que durante estes tres anos e medio o Executivo Provincial destinou 1,3 millóns de euros para melloras na LU-P-0707, de Armesto, por Tores, Ás Nogais; e a LU-P-0705 da LU-722, por Vilamane a Seivane. Estas actuacións do PSOE beneficiaron aos máis de 2.800 veciños que viven en Becerreá.