Os socialistas de Lugo coa súa Secretaria Provincia Patricia Otero a fronte reclamaron ao Goberno da Xunta a posta en marcha dun Plan de Dixitalización para o rural da Provincia de Lugo “ante o abandono de Feijóo”.
Otero explicou que “o confinamento pola COVID conlevou a necesidade de empregar preferentemente o teletraballo así como o peche de escolas, puxo a proba a capacidade de resposta do noso sistema educativo e a posibilidade de traballar dende as nosas vivendas”. A secretaria provincial criticou “que moitos veciños e veciñas carecen ou teñen mala cobertura de telefonía móbil e internet, o que supón unha discriminación social, que incide directamente na perda de emprego e no despoboamento do rural”.
Afirma que dende o Grupo Socialista “consideramos un dereito ter unha sinal adecuada de telefonía móbil e internet, vivas onde vivas. A dixitalización do mundo rural é clave para o seu desenrolo, tanto para avanzar en competitividade e sostibilidade, como para facer fronte ao despoboamento”.
Así as cousas advirte que “para conquerir estes obxectivos é fundamental superar a fenda dixital que existe entre o rural e o urbano. Esta dixitalización ten que converterse nunha prioridade se de verdade queremos apostar dun xeito real e decidido polo noso rural, e non só con slóganes e propaganda como adoita facer o Partido Popular de Galicia”.
Patricia Otero reclama ademais que “os fondos europeos destinados á dixitalización que se van transferir ás comunidades autónomas vaian condicionados tendo en conta ás entidades locais, é dicir, ás Deputacións e ós concellos da provincia de Lugo”.
Iniciativas no Parlamento de Galicia
A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica avanzou ademais que presentará unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia para demandar a aprobación deste Plan de Dixitalización ao PP. “Non vamos a quedarnos de brazos cruzados mentres hai parroquias da provincia de Lugo que non teñen cobertura de ningún tipo, así non se defende nin se impulsa o rural”, lamentou.