Un cento de persoas participarán mañá na presentación da candidatura do PSOE no Concello de Vilalba para as próximas eleccións municipais. No acto, que terá lugar na Hostal restaurante Terra Chá, participará a actual voceira municipal socialista, Elba Veleiro, que volverá a encabezar a lista vilalbesa, xunto a compañeiros de toda a provincia.
Os socialistas de Vilalba destacaron que tras os últimos resultados acadados nas anteriores eleccións municipais “esta é unha oportunidade histórica para liderar o cambio que demandan os veciños, a través dun proxecto claro e decidido, para unha Vilalba do século XXI, deixando atrás os anos en branco e negro do PP”.