Vinte e catro horas despois de comezar a manifestación convocada pola Plataforma para a Defensa do Sector Lácteo Galego os tractores, aínda que con algúns claros nas rúas, seguen a ocupar a rolda, son os dos gandeiros que decidiron manter os vehículos agrarios, de momento, un día máis. A decisión de manter os tractores nas rúas colleu a máis dun usuario de garaxes da rolda en fora de xogo e a primeira hora da mañá algún protestaban diante dos gandeiros, por non poder sacar o coche do garaxe para ir ao traballo, mesmo se produciu algún rifi rafe dialéctico entre usuarios de garaxes e gandeiros , que non pasou de aí.
Algún tractores que abandonaron a zona ao non poder circular pola estrada, fixérono subindo as rodas as beirarúas, o que puido ocasionar desperfectos nas mesmas, polo grande peso dos vehículos agrícolas.