Decenas de tractores volveron a rodear a muralla este martes nunha manifestación na que demandan mellores prezos para o leite e para a carne.
Esta manifestación convocada polo Sindicato Labrego Galego, Unións Agrarias e Asaga (Asociación Agraria de Galicia) demandan prezos máis xustos, a necesidade de que se cumpra a Lei da Cadena Alimentaria que impide vender por debaixo dos costes de produción, menos burocracia e que haxa máis control dos produtos importados fora da Unión Europea.