Os usuarios celebran o segundo aniversario da Residencia de Maiores de Ribadeo

O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que a nova residencia de maiores de Ribadeo funciona moi ben e que é un orgullo para a localidade. Faino no segundo aniversario da súa posta en marcha. O rexedor sinalou que “agora toda facerlle fronte a outros desafíos como a reforma do Hospital Asilo”. Suárez Barcia agarda que “a Xunta redima ás súas penas e decida apoiar intensamente esta nobre actuación”.

O alcalde ribadense dixo que “se cumpren nestes momentos dous anos desde que a nova residencia municipal de maiores de Ribadeo iniciase felizmente a súa nova andaina. Foran oito anos de traballo, de obxectivo teimudo e imperturbable de empeño en que Ribadeo tivese un novo centro residencial, posto que sempre houbo unha demanda social de máis prazas públicas en Ribadeo”.

O rexedor lembrou que “tivemos que loitar contra a incomprensión da Xunta, pois non vía necesario facer unha nova residencia en Ribadeo porque, como dicían naqueles momentos, non podía haber residencias en todos os sitios como tampouco podía haber polígonos industriais ou piscinas en todos os concellos. Contra todas as negativas daquela, contra todas as demoras e contra todas as faltas de compromiso dos responsables da Xunta daquel momento, fomos erguendo un parapeto, fomos facendo oídos xordos a esas voces que nos querían facernos resignar e fomos atopar o apoio, o compromiso e a defensa dos dereitos dos maiores, dos máis vulnerables, onde o atopamos sempre, na Deputación de Lugo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com