Usuarios de aspnais

Os usuarios de Aspnais percorren a Muralla lucense

Con motivo do Arde Lucus, os usuarios de Aspnais van percorrer hoxe, venres, 17 de xuño, a muralla lucense, acompañados por especialistas no noso primeiro monumento.

O percorrido, que se inscribe nos actos do cincuentenario de Aspnais, comezou ás 11,00 da mañá, na rampa da muralla existente fronte á fachada principal da catedral de Lugo. Nel participarán arredor de 140 membros de Aspnais, entre usuarios e coidadores.

Formaranse tres grupos, que serán acompañados polos especialistas ADOLFO DE ABEL VILELA (historiador), FELIPE ARIAS VILAS (Arqueólogo) e IGNACIO LÓPEZ DE REGO (arquitecto), que explicarán aos participantes diversas cuestións relativas á construción, historia e conservación da Muralla romana.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com