Os veciños da zona Norte de Lugo instan á Xunta a rematar o Plan Paradai

A Plataforma pola Defensa da Zona Norte de Lugo e a Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti instan á Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia a planificar nos orzamentos para a vindeira anualiade, unha partida para Lugo que “dea salida” ao Plan Paradai. Estes veciños da capital lucense lembran, nun comunicado remitido á prensa, que estas melloras programadas para a zona norte da cidade levan 18 anos en marcha sen rematar.

Asemade, a Plataforma lembra á Conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, que tras a reunión que mantiveron na delegación da Xunta en Lugo con ela, aínda non “tivemos noticias delas nin das súas obrigas para con Lugo”, e cuestiona “Onde están os 450.000 € orzamentados para 2016 e os  450.000 € do 2017?”.

A Plataforma asegura que a propia Consellería comprometeuse, naqueles momentos, “de forma unilateral e ao igual que no resto de capitais galegas” a sacar adiante o proxecto da Intermodal, algo que estaba consensuado con anterioridade a tres bandas, Ministerio de Fomento, Consellería de Infraestruturas e Concello de Lugo e que licitara o propio Ministerio “en época de José Blanco como Ministro” e enganden que este mesmo Plan Paradai “foi paralizado tamén de forma unilateral polo Ministerio de Fomento cando o presidía Ana Pastor Julián, despois de pagar polo proxecto 160.000 euros.

Dende a Plataforma na Defensa pola Zona Norte, non entenden que “se gastaran 260.000 euros e todavía quede por facer o proxecto, licitar e construir a Intermodal”, e por esta mesma razón é pola que “solicitamos que se consigne o orzamento necesario para concluir el esperado Plan Paradai, construción da rúa Serra de Meira, Calzada das Gándaras, enlace da Duquesa de Lugo coa futura Intermodal, habilitación das prazas de aparcadoiro previstas no entorno da Estación e, xa de acordo co Concello, definir os viais de acceso á nova Estación, dende a cidade e dende o exterior”.

“Queremos que a coordinación de todas as Administracións parta da Consellería, incluida a relación para concluir algunhas das obras coa Confederación Hidrográfica Miño Sil”, conclúen o comunicado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com