O Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde de Cervantes, Benigno Gómez Tadín, informou este martes sobre o investimento de 851.100 euros, que o Executivo Provincial achegou a este municipio para o impulso de dotacións públicas e infraestruturas, así como a xeración de emprego e a mellora dos servizos sociais dos 1.400 veciños deste municipio. Foron 557.000 euros do orzamento de 2016 e 294.133 os destinados, polo de agora, do presuposto deste ano.
O Presidente e o Alcalde supervisaron tamén os traballos de mellora que se están a realizar na Ponte Casas do Río. Trátase dunha ponte que serve de nexo de unión da localidade de Cervantes con 8 núcleos rurais, nos que viven máis de 130 veciños; así como a unha explotación gandeira. Os núcleos son os seguintes: Bazal, Vilaspasante, Vilapun, Viladeite, Vilarguite, Teixeira, Pintinidoira e As Covas. Os traballos consisten na demolición dun dos pasos, na colocación de novos estribos, na instalación dun novo taboleiro e na mellora da capacidade hidráulica.
180.000 euros para novas dotacións públicas
O Goberno da Deputación achegou outros 180.000 euros para melloras en dotacións públicas municipais como alumeados ou traídas de auga, entre outros. Do total, son 18.500 euros os que o Goberno da Deputación achega á mellora da rede de alumeado público en Vilaver, Cela e Vilarello, beneficiando directamente aos máis de 125 veciños que viven nesta zona.
Con outros 70.000 euros, o Executivo Provincial dotou dun novos sistema de iluminación á zona do Piornedo, concretamente instaláronse 30 luminarias que contarán con 964 metros de condución eléctrica. O Goberno da Deputación achegou ¡ 91.400 euros á asociacións de veciños do Concello que permitiron o acondicionamento de accesos a núcleos rurais e locais sociais en varias parroquias do Concello.