Os veciños do barrio da Ponte demandan unha mellora da accesibilidade

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez reuniuse hoxe con representantes da Asociación de Veciños e Empresarios da estrada vella de Santiago, no barrio da Ponte. Unha xuntanza que tal e como explican dende o Concello enmárcase na rolda de encontros que está mantendo a rexedora con entidades e axentes que conforman o tecido socioeconómico da cidade da Muralla.

Unha reunión, a de hoxe, que serviu segundo fontes municipais “para poñer en común as posibles accións de impulso a esta zona”. En concreto, as demandas que lle trasladaron os veciños e empresarios baséanse fundamentalmente en levar a cabo melloras na ordenación urbanística deste barrio para favorecer a accesibilidade universal. Do mesmo xeito, Lara Méndez e os representantes veciñais e empresariais acordaron manter novos contactos nos vindeiros meses para abordar con máis detalle as actuacións a desenvolver.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com