Esta iniciativa, que vén repetíndose nos últimos anos, impúlsase desde o club e os xogadores como unha forma de apoiar, acompañar e dar ánimos a todos os que, por distintas circunstancias, teñen que pasar estas datas no centro.
Como un adianto á noite de Reis, as caras dos máis pequenos foron un claro reflexo da ilusión ao ver como os seus ídolos compartían confidencias, anécdotas e bos desexos con todos eles. Os capitáns, Carlos Pita e Roberto, xunto a Luís Muñoz, Albarracín, Kravets e ao presidente Tino Saqués, visitaron todas as habitacións dos mozos afeccionados para entregarlles obsequios e sobre todo agarimo, algo que seguro lles axudará a afrontar con maior alegría a súa estancia.