Ou é que che faltan as habilidades

Van case catro meses das eleccións xerais sen que os 350 deputados se poñan de acordo nun goberno que leve adiante os proxectos que o país necesita. O problema radica en que no Congreso están por horas, sen asumir globalmente o seu papel, que noutras institucións a estas alturas estaría solucionado.

Fronte ás catro décadas escasas da nosa democracia, a Igrexa Católica ten vinte séculos de experiencia. E cando morre un papa, reúnese o conclave, pechado como proclama o seu nome, e os concentrados non sairán do seu encerro ata que cheguen a un nome de consenso, fagan falla as votación que se precisen.

Neste tempo de enfrontamentos, de palabras baleiras, de agresións verbais, de que ninguén pareza estar disposto a falar –xa non digamos pactar- con ninguén, e que o caos só pode traer consigo unhas novas eleccións xerais que serían desastrosas polo desánimo dos votantes, faría falla unha compulsión que obrigara aos políticos a deixar de pensar en si mesmos e pensaran nalgún momento no ben común e nos intereses do país. Non hai ningunha Lei que permita nin poder que consiga que os políticos hispanos recuperen a razón, que os partidos políticos poñan por diante dos seus intereses os intereses xerais, e teñamos por unha vez a festa en paz.

Lonxe na historia temos aquel feito en Esparta no que as mulleres, encabezadas por Lisístrata, cansas da guerra que agobiaba á súa cidade, negaron sexo aos seus esposos ata que depuxeran as armas. Unha medida así, na que habería que contar coas consortes, é imposible de adoptar hogano xa que agora hai tantas deputadas como deputados.

O que está claro é que non se pode deixar sos a estes nosos políticos en tan difícil trance, porque ou non saben que facer, non poden facelo, ou é que –como di a vella cántiga popular- lles faltan as habilitades. E así non hai nada que facer.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com