Outeiro de Rei celebra o seu Convivio da Cultura Galega, arredor da figura e obra de Manuel María

A paraxe da Carballeira de Santa Isabel en Outeiro de Rei será o escenario perfecto no cal facer sonar a música de Milesios, Reviravolta, Maraxe ou Parabéns, na foliada que animará Xurxo Souto a partir das 17 horas para conmemorar a cuarta edición do Convivio da Cultura Galega que se levará a cabo este sábado, 8 de xullo.

O encontro, aberto a todas as persoas e a todo o asociacionismo cultural, desenvolverase entre a Casa-Museo Manuel María, no centro da vila de Outeiro, onde se recibirá os participantes a partir das 11 da mañá, e a Carballeira de Santa Isabel, unha paraxe natural situada a menos de 1 quilómetro da casa natal do escritor. 

Convivio organizado pola Casa-Museo Manuel María, xunto á federación Galiza Cultura de asociacións culturais galegas e a Asociación Cultural e Musical Solfa de Compostela, quere ser, sobre todo, unha xornada lúdica e festiva, de convivencia, e recuperación do espírito da tradicional romaría da Santa Isabel de Outeiro de Rei, de foliadas e xantar. Todo isto arredor da figura de Manuel María, que dedicou por enteiro a súa vida á construción dunha cultura propiamente galega, dun país normal e normalizado, e que tanto colaborou co nacemento de asociacións e proxectos culturais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com