Outra pequena baixada nos casos activos por Coronavirus en Lugo

Na últimas vintecatro horas volveron baixar os casos activos por Coranavirus na Área de Lugo, (A Mariña, Monforte, Lugo). Son cinco casos menos que deixan a cifra en 162. En coidados intensivos, a día de hoxe, hai dous ingresados. En canto aos novos contaxios detectaronse 10 novos casos, cinco menos que onte.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.309, deles 867 son da área da Coruña, 162 da de Lugo, 132 da de Ourense, 209 da de Pontevedra, 560 da área de Vigo, 233 da de Santiago e 146 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 26 están en UCI, 174 en unidades de hospitalización e 2.109 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 111.995 persoas curadas, rexistrándose 2.332 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.835.697.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com