O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto con outras autoridades, entregou este domingo no Pavillón Municipal de Lugo os premios da XI edición da Copa Princesa de Voleibol, coa que colabora o Goberno da Deputación. A final disputarona o Clube Lucense CV Emevé e o Madrid Chamberí, acadando a vitoria final o equipo madrileño, que se impuxo por 3 sets a 1. Esta competición é unha das máis importantes da tempada a nivel nacional, pois reuniu aos 4 mellores clubs da Superliga 2 feminina: CV Emevé (Lugo), CV Madrid Chamberí (Madrid), CV Elche Viziusport (Alicante) e CV Xátiva (Valencia). O Goberno de Deputación colabora na organización desta cita deportiva, achegando 70.000 ao Club Voleibol Emevé, equipo referencia nesta modalidade na provincia.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.