O xurado calificador dos traballos presentados ao XLVI Certame de Xornalismo sobre o Nadal, convocado polo Centro Cultural José Domínguez Guizán, impulsor do Belén electrónico de Begonte, vén de anunciar o nome dos premiados neste concurso sobre as informacións natalicias.
Así, o Premio Begonte de xornalismo, dotado con 600 € e estatuiña de Sargadelos, foi para o traballo titulado Medio século de ilusión, do que é autor Pablo Veiga López-Castelo, publicado en www.galiciaxa.com.
O xurado decidiu tamén que o segundo premio, dotado con 300 € e estatuíña de Sargadelos, fora para o traballo O neno Deus naceiu na cima da Guiza, publicado por Santiago Rodríguez López, en www.galiciadigital.com
Asemade, pola calidade dos traballos presentados, acordan conceder cadansúa Mención de Honra, dotada con estatuíña de Sargadelos a Begonte, unha estrela dourada, de Xoan Neira, e ao traballo Detrás de cada ollada, de Ruth Fernández.