Palas será o punto de partida do VI Rally de Coches Clásicos

O Concello de Palas de Rei, acolle o punto de partida, da VI edición do Rally de Coches Clásicos, que se desenvolve este sábado, 21 de abril. A Praza do Concello de Palas, será o punto de partida dos participantes ás 11:30h, aínda
que dende as 09:45h, estarán chegando coches clásicos, de máis de 30 anos de antigüedade, a esta vila ulloana, para recorrer a zona norte do termo municipal de Palas de Rei que conecta con Friol. Logo das 11:30h, irá saíndo da Praza do Concello de Palas, cada minuto un participante. Os clásicos, iran pasando por diversas carreteras para chegar a Praza de Friol, alí farán unha parada de descanso e continúan traxecto ata Outeiro de Rei e de ahí ata Lugo ao Centro Comercial as Termas, donde será a entrega de premios sobre as 20:00h.

Polo momento, tal como avanzou o director do Rally, Eduardo Iglesias García, “aínda que non está pechada o prazo de incripción, van inscritos un total de 40 coches, todos de 30 ou máis anos de antigüidade. O coche máis antiguo inscrito, ata o momento, é un Mustang de 1965. Os participantes, fundamentalmente de todas as provincias galegas, aínda que tamén hai participantes de Asturias, Pais Vasco, e incluso Portugal. Unha parte do recaudado vía inscripcións, neste Rally irá destinado a Asociación Somos Unidos polo Cancer, coa que se colabora, para apoialos na actividades sociais que están a desenrolar. Este rally, non é unha competición de velociadade, senón que o límite máximo ao que poden ir os coches é a 50 Kilómetros por hora, de feito o que gaña é o que menos puntos ten”.

O acto de Presentación desta edición tivo lugar en Palas de Rei, nel estiveron o alcalde de Palas, Pablo Taboada, o concejal Fernando Pensado, representantes da Agrupación Protección Civil de Palas de Rei e o Director do Rally, Eduardo Iglesias García . O alcalde de Palas, Pablo Taboada, salienta a “importancia deste tipo de probas automovislísticas, dado supón un foco de atracción moi importante de afeccionados ao mundo do motor, que nos visitaran este fín de semana. Na Ulloa, acostumados a un tipo de Rally de competición, como é o Comarca da Ulloa, puntuable para o Campeonato Galego de rallyes; por primeira vez neste Concello de Palas de Rei, teremos un Rally de Clásicos donde o coche e as súas características cobran o protagonismo fronte velociadade. Será unha oportunidade única de apreciar o mundo do motor clásico”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com