Pilar García Porto

Paraestudarlugo.com recibe nunha semana máis de 5.000 visitas de España e o estranxeiro

A campaña de promoción de Lugo como cidade universitaria e de descontos do 50% na matrícula para primeiros estudantes en 10 titulacións do Campus lugués, que leva por nome Para estudar, Lugo, comeza con bo pé. En tan só unha semana, a web wwww.paraestudarlugo.com recibiu 5.000 visitas de toda España e do estranxeiro.

Así o comunicou este venres a voceira provincial socialista, Pilar García Porto, que adiantou que os 120.000 euros que achega a Deputación para asumir a metade dos custos da matrícula, permitirán beneficiar a máis de 400 alumnos. “Por certo, o mesmo número de becas que a Xunta de Galicia rexeitou conceder a outros tantos estudantes galegos, limitándose a dar unhas 190 en toda a Comunidade. Isto significa, que o Goberno galego do PP rexeitou case o 70% das becas solicitadas. Este é o compromiso de Feijóo coa educación pública, que dista moito do desta Deputación”, remarcou.

Das 5.000 visitas a wwww.paraestudarlugo.com, máis do 10% proveñen de países como Rusia, Estados Unidos, Alemaña ou Portugal, “o que demostra que a campaña está a promocionar e fomentar o Campus de Lugo máis alá das nosas fronteiras”, subliñou a voceira. O 90% restante de visitan son de España: máis do 14% son de Madrid e outro 10% de cidades como Barcelona, Valladolid, Xixón, León, Santiago de Compostela ou A Coruña.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com