A área de Sostibilidade Urbana vén de decretar a paralización das obras de Urbanización do Sector Norte I do Concello de Lugo (Saamasas), por carecer da prórroga da Confederación Hidrográfica, necesaria para poder continuar as mesmas.
O concelleiro Álvaro Santos explicou que, “esta mesma mañá, procedeuse á ordenar a interrupción inmediata dos traballos ao non dispoñer a Xunta de Compensación do devandito sector da imprescindible autorización da Confederación Hidrográfica para seguir realizándoos”.
O Concello de Lugo daralle agora aos interesados un trámite de audiencia de 10 días para que inicien as accións que estimen oportunas.
Mai 27, 2021 - 04:55 PM
@concellodelugo @LaraMendezLopez @Ruben_Arroxo @vozlugo @Ciudadanodelugo @depulugo @lavozdegalicia… https://t.co/feW7RMN63T