#PARGANONSEDIVIDE solicita un plan de desconfinamento do Centro de Saúde

A asociación #PARGANONSEDIVIDE, vén de unirse ás reclamacións que hai uns días facía a Federación veciñal de Lugo e esixe ás diferentes administracións sanitarias que comecen a desconfinar, din, o centro de saúde de Parga que cumpriu recentemente un ano pechado sen visos de retorno á súa actividade. Para iso, a asociación reclama un plan de desconfinamento do consultorio que pasaría por unha primeira fase a aplicar de xeito inmediato, din, para ir recuperando os servizos completos de enfermaría na localidade os días que actualmente empregan para as extracciósn de sangue, os martes e xoves.

Non entendemos porque os días nos que se desprazan a Parga a facer extraccións de sangue a ATS e o PSX, non o fan durante toda a xornada e realizando tódalas funcións que viñan realizando en Parga. Analíticas, curas, tomas de mostras e tensión, etc, ademais da vacinación da Covid. Non ten lóxica que haxa persoas facendo unha analítica ás nove da mañán en Parga que despois se teña que desprazar a Guitiriz a facer unha cura ou a vacinarse ás once e media” sinalan dende a asociación veciñal e lembran que “o centro médico de Parga segue a cumprir os estándares sociosanitarios e se se poden extraer mostras de sangue, tamén se poderá vacinar”.

Na segunda fase da petición de #PARGANONSEDIVIDE, que se aplicaría a partir dos primeiros días de maio, o centro de saúde de Parga recuperaría de xeito diario a ATS e mais o PSX e un dos dous médicos desprazados en Guitiriz que, mentres durase esta situación, atendería só a pacientes xá vacinados. “A primeiros de maio, atendendo ao que nos dí o Sergas, estarán vacinados os veciños e veciñas maiores de 80 anos, que supoñen unha porcentaxe elevada da nosa poboación e, ademais, son precisamente os pacientes que máis dificultades teñen para desprazarse a Guitiriz” explican.

O centro recuperaría a súa total actividade, seguindo o plan da asociación, no momento no que se chegue á chamada inmunidade de rebaño.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com