O Parlamento Galego tratará a reposición da liña de autobús entre Lugo e Vigo

O Parlamento Galego debatirá na vindera sesión plenaria a reposición da liña de autobús directo estre Lugo e Vigo, pois esta semana o executivo autonómico púxolle punto e final a esta conexión entre a cidade amurallada e o sur da comunidade. Neste senso, a parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, presentará unha iniciativa no Parlamento para “evidenciar o illamento no que queda Lugo despois do plan de reestruturación do transporte por estrada imposto pola Xunta, para que non se eliminen máis liñas como está que constitúen a única posibilidade desprazamento para moitas persoas e para que se recupere a recen elminada liña Vigo – Lugo”. Rodil lembrou que “o BNG estivo en contra desta reestruturación imposta polo Xunta por que unicamente era interesante para mellorar o lucro dalgunhas empresas do transporte de pasaxeiros pero moi lesiva para as persoas usuarias”.

Olalla Rodil visitou a estación de autobuses de Lugo, acompañada da edil Maite Ferreiro, e puido comprobar a imposibilidade de viaxar a Vigo, dende Lugo, de forma directa “a única posibilidade de coller un autobús directo, sen facer transbordos, é os venres ás 19:00 horas e a viaxe dura unhas 3 horas”, e engadiu “esta viaxe ten un coste de 17 euros e o mesmo sucede para voltar de Vigo a Lugo, unicamente hai unha autobus directo os domingos ao mediodía para chegar a Lugo despois das 6 da tarde”. Durante o resto da semana as viaxes teñen que facerse de Lugo ata a estación de Pontevedra e despois coller un autobús ata Vigo. A concesionaria desta liña de transporte de viaxeiros por estrada é o grupo Monbús dende o ano 1987 no que absorbeu a histórica empresa Gómez de Castro.

Rodil sinalou que o BNG xa demandara en diversas ocasións a paralización deste Plan de Transporte da Xunta por “carecer de rigor e transparencia” e tamén se reclamou en sede parlamentaria “a elaboración dunha auditoría para coñecer como se pecharon as adxudicacións das liñas porque non primaron os criterios para favorecer e mellorar a mobilidade das persoas se non que primaron outros criterios que son descoñecidos para as galegas e galegos pero benefician determinados intereses moi concretos” afirmou Rodil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com