O paro aumenta un 0,26% no último mes na provincia

O paro volve a aumentar na provincia de Lugo nun 0,26% no mes de agosto. Subida pequena, pero subida, algo que non pasaba dende xaneiro deste mesmo ano cando se rexistrou tamen un pequeno repunte de desempregados.

Actualmente, o número de desempregados na provincia está situado en 18.067 persoas,46 máis que no pasado mes de xullo. Con respecto do ano pasado no mesmo mes, o paro descendeu en 306 persoas.

Por sectores de actividade, o paro baixou en 17 persoas no sector da agricultura, 7 na industria e contabilizáronse 53 desempregados menos no sector da construcción. Por outra banda, no sector servizos o número de parados sube en 79 persoas, e en 44 desempregados máis no colectivo cualificado polo Ministerio de Traballo como ‘sen emprego anterior’. Neste aumento do paro quen peor sae, por sexos, son as mulleres, incrementandose en 127 o número de desempregadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com