O paro rompe a súa racha e sube un 1,38% en novembro

18.321 persoas desempregadas se contabilizaron o mes de novembro na provincia de Lugo. Unha cifra que denota unha subida dun 1,38% con respecto ao mes de outubro, e que se traduce en 249 persoas máis nas listaxes do Servizo Público de Emprego (SEPE).

Aínda que, despois de varios meses á baixa, esta subida repentina pode asustar, o certo é que con respecto do ano pasado continúa a darse unha boa comparativa: no mes de novembro de 2016 as cifras eran considerablemente máis altas, contábase cun total de 20.329 parados menos.

Por sectores de actividade, e segundo indica o Ministerio de Emprego e Seguridade Social, en Lugo o paro subiu, por segundo mes consecutivo na Agricultura en 62 persoas, ao igual que no Sector Servizos que aumentou en 202 persoas con respecto ao pasado mes. Sen embargo, e do outro lado da balanza, o número de persoas desempregadas descendeu na Construcción (-2 persoas) e na Industria (-4 persoas). Asemade, o colectivo que o Ministerio denomina Sen Emprego Anterior, reduce tamén as súas cifras nun 0,55%, o que supón que conta con 9 desempregados menos.

En canto a xéneros, o desemprego feminino continúa a ser máis alto que o masculino pero con menos mulleres novas rexistradas no SEPE. Así, mentres as listaxes do paro contan, este mes, con 227 homes máis (un total de 8.333), tan só suma 22 mulleres, aínda que fan un total de 9.988. Na comparativa co mesmo mes do pasado ano, o paro masculino descendeu en 1.210 homes e o femenino en 798 mulleres menos desempregadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com