Patricia Otero acompaña a Besteiro nas listas dos socialistas ao Congreso

A exsecretaria provincial dos socialistas de Lugo Patricia Otero, será a segunda na lista que encabeza José Ramón Gómez Besteiro para  o Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo.

O comité provincial do PSOE de Lugo ratificou este mércores as candidaturas ás eleccións xerais do próximo 23 de xullo, que encabeza, como queda dito, o expresidente da Deputación de Lugo e actual  delegado do Goberno, José Ramón Gómez Besteiro, cargo do que terá que dimitir  para ser elixible.

Para o senado repetirá César Mogo, actual senador por esta provincia.

Quedan fora das papeletas ao Congreso, a cabeza de lista na anterior lexislatura Ana Prieto e Javier Cerqueiro quen ocupara a segunda praza nas anteriores eleccións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com