O Consello Territorial de Patrimonio Histórico de Lugo, órgano consultivo da Consellería de Cultura e Turismo, informará mañá o proxecto de demolición da antiga Residencia Xeral que foi remitido pola Consellería de Sanidade.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que a Consellería de Sanidade prevé remitir a documentación ao concello de Lugo para a obtención de licenza nos vindeiros días, unha vez que se obteña a resolución favorable de Patrimonio.
O proxecto de demolición do Xeral ten que ser autorizado pola Consellería de Cultura por encontrarse no contorno de protección dun inmoble catalogado, o antigo Materno. Neste sentido, cabe lembrar que este organismo xa informou recentemente o proxecto básico de demolición do pavillón central que comunica ambos inmobles.