Este sábado un nutrido grupo de persoas participou no roteiro organizado con motivo do Día Internacional do Patrimonio, para coñecer unha parte importante do patrimonio eclesiástico do concello de Cervo.
A xornada comezou cunha visita á igrexa de Cervo e posteriormente continuou o percorrido polas igrexas de Sargadelos, de Rúa e de Lieiro. Así mesmo, visitáronse as capelas de Santa Eufemia, en Trasbar; a de San Cibrao, no Porto de Arriba e maila de San Caetano, no Guioncho.
A asociación organizadora da actividade, Mariña Patrimonio, quere agradecer a colaboración do
Concello de Cervo, así como a interesante achega dos guías, Antón Niñe e Carlos Miranda Trevín, e a dos propietarios das capelas visitadas, Bautista de Trasbar e Emilio Rubiños. Así mesmo, agradecen a colaboración prestada polo párroco de Cervo e a das persoas encargadas da aperturdas igrexas.
Esta interesante actividade, que permitiu coñecer mellor unha parte do importante patrimoniorelixioso de Cervo, desenvolveuse no marco das diferentes iniciativas levadas a cabo en toda Galicia por varias asociacións integrantes da Rede do Patrimonio Cultural.