Patxi López apoia as reivindicacións dos veciños da Residencia

Hoxe houbo unha nova xuntanza diante do vello hospital para seguir reivindicando que se lle de uso ás instalacións e se realice  un mantemento continuado das mesmas para que os edificios do materno infantil e o Xeral non se sigan a deteriorar.

No transcurso  da concentración tomaron a palabra diante dos medios de comunicación e os veciños, o portavoz da Federación de Asociacións Veciñais, José Manuel Carballo, que insistiu en demandar o Laboratorio de Galicia, que de momento segue na rúa Montevideo e un PAC que de saída ao saturado da Milagrosa e que dos que de momento nada se sabe. A continuación a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, tomou a palabra para comunicarlle aos veciños que ela seguirá apoiando ca súa presencia cada semana a pe de rúa estas reivindicacións, ao tempo que segue disposta a consensuar unha saída a estas instalacións, que vaia en beneficio dos veciños e do barrio da Residencia.

Por último o ex lendakari socialista, Patxi López, solicitou do Goberno Galego que cumpra as promesas que fixeron os seus representantes e poñan en valor as antigas instalacións sanitarias, ao tempo que subliñaba que cando o Partido Socialista volva ao poder logo do  20 de decembro, tomarán medidas para reactivar estas infraestruturas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com